		WarpGLOBE

WarpGLOBE e un programa que mostra un globo terraqueo no escritorio, e pinta sobre el as cidades nas que hai algun usuarios de OS/2. Tamen o sombrea dacordo coa iluminacion que recibiria do sol. O usuario pode escoller que parte do globo quere ver. A imagen refrescase nun intervalo definido polo usuario. E similar a outro programa que hai para Linux, pero este e mais chulo :-)

RENUNCIA

Este programa e FreeWare, e distribuese sen nenguna garantia de ningun tipo. Usao baixo a tua propia responsabilidade :-)

COMO USAR O PROGRAMA

Para executar WarpGLOBE necesitaras ter instalado o runtime do EMX, versin 0.9c (que ven no ficheiro EMXRT.ZIP, dispoible en multiples FTP sites).

Existe un ficheiro, GLOBEUSR.ZIP, que se encontra dispoible nicamente na pxina WEB do autor, e que se actualiza cada vez que se reciben novas cidades. Conven revisar a pxina regularmente e descomprimir o devandito ficheiro no directorio de WarpGLOBE, de xeito que aparezan as novas cidades. O ficheiro USERS.NFO que ven en GLOBE.ZIP pode estar desfasado.

A pxina do autor est en:

	http://www.arrakis.es/~scostas/OS2/globe.htm

E en ingles:

	http://www.arrakis.es/~scostas/OS2/globeeng.htm

Tes que descomprimir o fichero GLOBE.ZIP nun directorio, e logo descomprimir GLOBE11.ZIP no mesmo, permitindo que sobreescreba os ficheiros. Unha vez feito isto, xa podes executar WarpGLOBE. A primeira vez sairate unha mensaxe dicindo 'Config file old, not found or incorrect. Creating one'. Isto e totalmente normal. Preme unha trecola e aparecera o menu de opcions. Se queres que WarpGLOBE sexa executado siempre que o sistema sexa arrincado, executa o programa ADDWPS. Este creara un icono na carpeta de Inicio.

	ATENCION!: Non uses a opcion DETACH para lanzar WarpGLOBE. Pode non funcionar correctamente. Se queres que non apareza ningunha fiestra, activa a opcion de 'Iniciar minimizado' no caderno de valores da opcion 'Propiedades' do icono do programa.

	ADDWPS e un programa con licencia, que reproduzo a continuacion por motivos legais:

AddWPS was written by Michael Douglass to be used for any program which would like to support OS/2's Workplace Shell.  AddWPS will instantly add folders and programs to your OS/2 WPS for you to use WarpGLOBE under OS/2.  You should have no problems using AddWPS as long as it was configured correctly by the author of WarpGLOBE  Note:  Any and all damage caused by AddWPS is not the fault of Michael Douglass. -Use at your own risk-

AddWPS v1.0 Copyright 1994 Michael Douglass

	Podes ver e modificar os parametros do programa no menu. As opcions son as seguintes:

	GMT: indica a diferencia entre a hora local e maila hora solar sobre o meridiano de Greenwich. Hay que poer o valor inverso  de axuste. Isto , se na nosa cidade temos GMT+5, hay que poer -5. Se  GMT-3, hay que poer 3. A razn de non usar a variable TZ  que, ainda con ela,  necesario poder realizar axustes manuais.

	Earth angle (ou Sun angle se a opcin 'static sun' est activa): indica o numero de graos que se debe rotar a terra. Se queres ver sempre unha zona fixa de esta, axusta o valor para que se vexa a parte que desees. Con 0 queda centrado no meridiano de GreenWich; con 90, quedan centradas Norte e Sur America. Este valor afecta tanto se a opcion 'Static sun' esta activa como se non.

	Cities diameter: especifica o tamao dos puntos que representan as cidades. Se se especifica 0, non se pintara ningunha cidade.

	Globe diameter: especifica o tamao do globo terrqueo.

	Startup delay: tempo en segundos que agarda o programa antes de escomezar a funcionar cando se executa. Incluese porque  ser arrancado  vez que o sistema operativo, en ordeadores rpidos, WarpGLOBE pode pedir  WPShell que pinte un novo fondo ANTES de que ste rematase de arrincar, c que o programa colgarase. Dandolle un valor adecuado resolvese este problema.

	Refresh every: indica o periodo de refresco en minutos. Cada n minutos a imaxe sera repintada de novo. Isto non se fai de forma continua para evitar consumir demasiada CPU.

	Static sun: se activamos esta opcion, a zona iluminada quedarase queda e sera a imaxe da terra a que xire.

	Paint stars: se activamos esta opcion, pintaranse estrelas no fondo da imaxe.

	Ambient light: este valor, comprendido entre 0 e 99, indica a cantidade de luz ambiental que se sumara as partes oscuras do planeta, de xeito que non apareza negro senon tenuemente iluminado.

	Idle mode: indica se o programa vaise executara con prioridade normal (NO) ou prioridade desocupada (YES). No primeiro caso pode notarse o 'tiron' de CPU cada vez que o programa recalcula unha imaxe, se ben sempre tardara moi pouco tempo; no segundo caso, o programa aproveitara os tempos mortos do procesador, co que o consumo de CPU sera, a todolos efectos, totalmente nulo.

	Stars density: indica a cantidade de estrelas que pintara o programa. Pode valer entre 1 e 10.000.

	Exit mode: indica se, o salir do programa, conservarase o fondo ou non. Se esta en modo 'save background', a imaxe de fondo actual sera renomeada a ZGLOBE.BMP e sairase tal cal do programa. Se esta en modo 'clear background', a imaxe sera borrada do disco e porase o escritorio coa cor por defecto.

	Light intensity: determina a intensidade de luz do 'sol', de xeito que se pode regular canto de brilante ou escura ser a imaxe do globo.

	Stars intensity: determina a intensidade da luz das estrelas, de xeito que se poden pintar mis o menos claras.

	Status: esta lia especifica o estado do programa. Pode ser 'Sleeping', momento no que esta agardando a que transcurra o intervalo de tempo e durante o cal non consume CPU, ou ben 'Creating image', momento no que esta recalculando unha imaxe. Durante este segundo estado non se poden modificar as opciones do programa.

Debaixo destes parametros esta o menu que permite cambialos. Hai catro opcions extras, a saber:

	Change background color: permite cambiar a cor do fondo, de xeito que non ten por qu ser negro.

	Change city coordinates: permite especifica-las coordenadas da nosa cidade, de xeito que apareza noutra cor. Os valores destas podense atopar no ficheiro cities.txt.

	Refresh background: redebuxa a imaxe. Util cando cambiamos un parametro e queremos ver os seus efectos sen agardar a que expire o periodo de refresco. Recorda que o programa tarda alguns segundos en repintar a imaxe, asi que non te impacentes.

	End WarpGLOBE: finaliza o programa e volve a lia de mandatos.	
	
WarpGLOBE lee a lista de usuarios cada vez que pinta o fondo, polo que podes alterar os ficheros sen ter que parar e relanzar o programa

Por defecto, WarpGLOBE almacea a imaxe creada no mesmo directorio no que est o executable. Nembargantes,  posible especificar outro simplemente engadindo no CONFIG.SYS a lia:

	SET GLOBETMP=x:\meudirectorio

e reiniciando o ordenador, sendo x a letra da unidade onde se quere gardar, e meudirectorio o directorio. Por exemplo:

	SET GLOBETMP=c:\tcpip\tmp

E conveniente que uses un modo de pantalla de 32768, 65536 ou 16 millons de cores, pois con 256 cores os resultados non son excesivamente bos (salvo que actives a opcion de 'Sensible a la paleta' nas opcions de configuracion de OS/2). E un problema do Presentation Manager :-(

Hai un problema extra: o Presentation Manager ten unha especie de cache onde almacena os bitmaps que se poen como fondo, de xeito que se cambiamos o contido dunha imaxe (no disco duro) e lle indicamos que o repinte, tomarao desa cache, e non do disco. Para solucionalo, o programa graba cada imaxe cun nome distinto, borrando de cada vez a imaxe anterior. Esta e a razon pola que, se se para o programa e vuelvese a executar, e posible que poa unha imaxe antiga en troques da nova. Refrescando a imaxe un par de veces (opcion R do menu) solucionarase o problema.


QUE HAI DE OUTROS PLANETAS?

Se tes unha imaxe de outro planeta e queres usala en troques da imaxe da terra, so tes que convertila a formato PCX e grabala no directorio do programa co nome de MUNDO.PCX (fai antes unha copia do anterior MUNDO.PCX, por suposto). A imaxe pode ser de 8 ou de 24 bits por pixel e pode ter calquera tamao. 


TEO PROBLEMAS

Se WarpGLOBE non funciona correctamente, segue estes pasos antes de escreber:

	-Comproba a versin do EMX que tes instalada. Para iso, teclea EMXREV nunha sesin OS/2 de texto. Os nmeros teen que ser superiores ou iguais a 50 para que sexa correcta (EMX 0.9c). Se algn est incorrecto, busca e elimina a DLL correspondente no teu disco duro (pode que a teas repetida varias veces) e reinstala a correcta.

	-Se isto est correcto, borra o GLOBE.CFG e rearrinca o programa. Teen surxido problemas con ficheiros de configuracin de versins anteriores.

	-Non uses DETACH para arrincar o programa. Nalgns equipos deu problemas.

Se despois de probar isto segue sen funcionar, escrebeme para tentar arranxar o problema.


COMO COLABORAR

Se queres colaborar, botalle un vistazo primeiro a paxina web e mira se a tua cidade esta na lista das cidades actuais. Se non e asi, fai o seguinte:

	*Carga a imaxe MUNDO.PCX co visor de imaxes de OS/2 (simplemente abre o icono da unidade C e fai dobre click sobre o seu icono).

	*Pon o cursor do rato enriba da tua cidade e anota as coordeadas X-Y que devolve o programa. Non te preocupes se o mapa est boca abaixo. Xa me encargarei eu de calcula-las coordenadas correctas.

	*Enviame un e-mail co nome da tua cidade, o pais, e mailas coordeadas anteriores. Deste xeito, a tua cidade sera incluida no siguiente GLOBEUSR.ZIP.

Recorda que o ficheiro CITIES.TXT (dentro de GLOBEUSR.ZIP) serve so como referencia. O ficheiro importante (pois conten as coordenadas) e USERS.NFO.


HISTORIA

Beta 1: primeira version publica

Beta 2: WarpGLOBE bloqueaba o acceso o ficheiro de usuarios, polo que non se podia actualizar a lista de cidades mentres estaba en funcionamento. Correxido.

Beta 3: Uso de memoria dinamica en troques de estatica para almacenar o bitmap de saida, co que o uso de memoria e menor.

	Optimizacion con punteiros, co que o consumo de CPU e menor.

	O rea de memoria do bitmap e borrado entre cada refresco da imaxe, co que se eliminan puntos espureos nos bordes do globo.

	Configuracion e control por menus

	Podese cambiar o tamao dos puntos das cidades, asi coma o periodo de refresco e mailo nivel de luz ambiental para a zona oscura do planeta.

	Pode pintar estrelas no espacio de fondo.

	Pode deixar fixo o haz de luz do sol e que sexa a terra a que xire.

Beta 4: A ultima imaxe creada e borrada despois de pasado o ciclo, co que se asegura que sera repintada correctamente.

Beta 5: Captura dos sinais de peche de aplicacion, co que non deixa ficheiros residuais no directorio.

Beta 6: En sistemas sen 4OS2 non se pode obter o path do programa mediante as chamadas estandar de C. Correxido usando chamadas do API de OS/2 (DosQueryCurrentDisk e DosQueryCurrentDir).

Beta 7: Menor tamao do executable.

	Mellor captura do sinal de finalizacion, co que o programa sae mais limpamente.

	Pode executarse en prioridade desocupada (Idle time), co que o consumo de CPU e nulo.

	Permite cambiar a cantidade de estrelas a pintar.

Beta 8: Admite calquera tamao para a imaxe fonte do planeta, asi como que esta sexa de 8 ou de 24 bits.

	Tense en conta o angulo de rotacion incluso coa opcion 'Static sun' activa, de xeito que o sol non ten por que quedar xusto en frente nosa como en versions anteriores, senon que podemos ter sempre medio iluminada a terra.

	Permite conservar o fondo do escritorio despois de sair do programa.

	Inclue un instalador que crea un obxecto de programa na carpeta de Inicio, de xeito que WarpGLOBE arrinca automaticamente o encender o ordenador.

Version 1.0:  literalmente a beta 8, pero nun novo ZIP.

Version 1.1: Detecta automticamente a resolucin do monitor.

	Permite cambiar o diametro do globo.

	Permite agardar un retardo inicial, c que se eliminan problemas c PM.

	Non pinta o cursor na pantalla.

	Permite cambiar a intensidade de luz do sol e das estrelas.

	Permite usar un directorio distinto  do programa para grabar as imxes.

Version 1.2: Permite cambiar a cor do fondo.

	Permite cambiar a cor da cidade propia.


AGRADECIMIENTOS

A Pablo Costas Serrano, que me conseguiu a imaxe da terra.

A xente que fixo esa imaxe (desgraciadamente, non sei quenes son).

A Johannes Martin, autor dun codigo de exemplo para cambiar o fondo do escritorio.

A Craig Colby, que reescribiu as instruccions en ingles.

A MaQui, polo excelente icono.

E a toda a xente que colaborou enviando a sua cidade e suxerencias.


Sergio Costas Rodriguez (RASTER)

scostas@arrakis.es
http://www.arrakis.es/~scostas
FidoNet: 2:348/613.4